Acabamos de facer un traballo sobre Malala, a persoa máis nova a quen lle outorgaron o "Premio Nobel da Paz"
Sabedes quen é?... aquí o contamos.
NOME: Malala Yousafzai.
NACEMENTO:
12 de Julio de 1997 (17 anos) Mingora Pakistán.
RESIDENCIA
ACTUAL: Reino Unido.
NACIONALIDADE:
Pakistaní.
OCUPACIÓN:
Estudiante, activista, bloguera.
CREENCIAS
RELIXIOSAS: Islamismo
PAIS:
Ziauddin Yousafzai (pai), Toorpekai Yousafzai (nai)
Malala nacida
en Mingora (Jaiber Pastunjuá, Paquistán), o 12 de xullo de 1997.
Seu
pai chámase Ziauddin e a súa nai Toorpekai, e ten dous irmáns. É coñecida polo
seu activismo a favor dos dereitos civís, especialmente os dereitos das nenas e
das mulleres. Os talibáns obrigaron ao peche das escolas privadas e prohibiuse
a educación das nenas entre 2003 e ata 2009 (En Pakistán).O
10 de outubro de 2014 otórganlle o “Premio Nobel De la Paz”.En
2013 a periodista británica Cristina Lamp escribiu a súa biografía: “Yo soy Malala”.
A súa causa
Ela loitou porque quería
defender os dereitos dos demais seres humanos, e os dela tamén. Pero cando tiña
13 anos sucedeu unha catástrofe, cando volvía a súa casa do colexio uns
terroristas intentaron dispararlle na cabeza e déronlle. Despois levárona a un
hospital e alí recuperouse pouco a pouco, tamén lle regalaron peluches e moitas
cousas máis para que se sentira ben. Foi trasladada ao Hospital Reina Isabel de
Birmingham en Reino Unido, para seguir coa súa recuperación. Aínda que
tivo que continuar coa rehabilitación e foi sometida a unha ciruxía
reconstrutiva, foi dada de alta do hospital o dia 4 de Enero de 2013. Por pouco
non se recupera. Malala foi a nena máis xoven en gañar o premio Nobel Da Paz e é
coñecida polo activismo a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos
das mulleres no val do río Swat, onde o réxime talibán prohibiu a
asistencia á escola das nenas.
Frases ditas por Malala
“Un niño, un profesor, un libro y
un lápiz pueden cambiar el mundo”.
“Para hacerme poderosa solo necesito una cosa: educación”
“Algunos niños no quieren tener videoconsolas, solo un libro para poder ir a la escuela”
“Tomemos los libros y las plumas porque son nuestras armas más poderosas”
A nosa opinión
Noa:
Para min Malala ten unha vida alucinante, pero tamén sufriu moito, paréceme
unha persoa que mereceu o Premio Nobel da Paz, e por riba tan nova.
Lucía:
Ben, non teño moito que contar porque penso o mesmo que os meus compañeiros/as,
que é unha gran defensora dos dereitos humanos.
Sergio:
Na miña opinión Malala ten todo o noso apoio por defender os dereitos humanos.
Andrea:
Na miña opinión de Malala Yousafzai é unha persoa moi apreciable e moi valente
e merece o Premio Nobel da Paz.
Nerea-
A miña opinión sobre Malala é que é unha nena moi valente, e moi lista e non lle ten medo a nada. É moi raro que lle deran o Premio Nobel Da Paz pero estou segura de que o merecía. E ademais co que lle pasou. E esta é a miña opinión.
Noelia- A miña opinión sobre Malala é que é unha rapaza moi valente, porque pasouno moi mal.
Ten moita sorte polo que lle pasou xa que lle dispararon na gorxa e no cranio.
Diego: A min gústanme todas
as cousas de Malala, gústame moito porque é moi boa.
Eloy: Opino que Malala fixo
moi ben en loitar pola paz. Como todos sabemos as nenas teñen dereito á
educación e que as traten como merecen.
Pablo: A miña opinión é que
foi moi boa persoa, na defensa dos dereitos humanos sobre todo.
Lara: A miña opinión
é que é moi boa persoa, e grazas a ela todas as mulleres e os nenos
teñen dereito a ir ao colexio.
Por iso… GRAZAS Malala.
Uxía:
Grazas por loitar polos dereitos das nenas en todo o mundo, o mundo
agradeceucho co Premio Nobel da Paz 2014.
Elena: Grazas por loitar tanto polos dereitos das mulleres.
Sergio: Malala gracias por loitar tanto polos dereitos civís e sobre todo moitas felicidades por ganar o Premio Nobel Da Paz 2014.
Roi: Grazas Malala por loitar polos dereitos dos nenos, así moitos nenos e nenas poderán ter unha vida mellor.